Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur, tramo I, 132 kV-SET Ludrio-SET parque eólico Monciro, segundo se sinala no cadro anexo.
Lugo, 17 de abril de 2019
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 02017/6-0.
Denominación: subestación colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur, tramo I, 132 kV-SET Ludrio-SET parque eólico Monciro.
Requirimento das follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación.
Predio |
Polígono |
Parcela |
Propietario/a |
33 |
119 |
719 |
José Gandoy González |
34 |
119 |
720 |
José Gandoy González |
35 |
119 |
722 |
José Gandoy González |
36 |
119 |
723 |
José Gandoy González |
51 |
119 |
183 |
María Esther Domínguez López |
65 |
125 |
424 |
José Gandoy González |
70 |
125 |
423 |
José Gandoy González |