De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron realizar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e ao seren descoñecidos os propietarios dos predios que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados son informados de que o expediente correspondente á instalación eléctrica (expediente IN407A 2019/29-4) está á súa disposición durante un prazo de vinte (20) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 5ª planta (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Pontevedra, 17 de abril de 2019
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Lugar |
Referencia catastral |
Concello |
Pereiro |
36054A059000080000EL |
Tomiño |
Cabreira |
36054A059002730000EO |
Tomiño |