Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 3 de maio de 2019 Páx. 21485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2019024TA-LU por infracción en materia sanitaria.

O día 18 de marzo de 2019, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo, ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2019024TA-LU, incoado á persoa titular do DNI 33344325Y.

Intentouse notificar este acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle á persoa interesada o contido do referido acordo que figura como anexo.

Así mesmo, de acordo co disposto nos artigos 64.2.f) e 76 da Lei 39/2015, ten dereito a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula. Lembráselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que se non efectúa alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución, consonte o establecido no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 8 de abril de 2019

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2019024TA-LU.

DNI da persoa interesada: 33344325Y.

Último enderezo coñecido: rúa Eduardo Correa Calderón, 73, 27680 Baralla.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u), 19.3.b), disposición adicional terceira e artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación provisional: unha infracción grave e outra leve.

Sanción proposta: seiscentos setenta e seis euros (676,00 €).