Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 2 de maio de 2019 Páx. 21369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 12 de abril de 2019, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica resolución de baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 30 de agosto de 2018, de baixa do establecemento que no anexo se menciona, xa que, intentada a notificación, non se puido realizar polos medios habituais.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado Contencioso Administrativo de Santiago no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 12 de abril de 2019

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Establecemento: Casa Solariega de Cervantes.

Signatura: TR-LU-000148.

Don/Dona: Manuel Antonio Fernández Fernández.

Domicilio: Catasol, 2, 6º esq., CP 27002.

Municipio: Lugo.