Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de alarga e mellora da estrada provincial LU-P-1301 do punto quilométrico 0+000 ao punto quilométrico 2+786, no concello de Pedrafita do Cebreiro (Lugo), promovido pola Deputación Provincial de Lugo (expediente 2017/0179).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 9 de abril de 2019 do proxecto de alarga e mellora da estrada provincial LU-P-1301 do p.q. 0+000 ao p.q. 2+786, no concello de Pedrafita do Cebreiro (Lugo), promovido pola Deputación Provincial de Lugo.

Este informe poderase consultar na ligazón:

https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático