Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se procede á baixa por disolución da Asociación Gandeira de Defensa Sanitaria Adesga nesta oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais.

En cumprimento do disposto no artigo 3.c) do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se procedeu á baixa da Asociación Gandeira de Defensa Sanitaria Adesga, segundo acordo de disolución adoptado na asemblea xeral que tivo lugar o 10 de xaneiro de 2019.

Asinan a certificación: Rogelio Grilla Barbeira e Manuel Ángel Codesido Viéites.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego