Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21113

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 26/2019).

ETX execución de títulos xudiciais 26/2019

Procedemento orixe: procedemento ordinario 581/2017

Sobre ordinario

Demandante: Lumey García Romero

Avogado: Evaristo Corujo Martínez

Demandados: Fogasa, Carlos Alberto Maurelli

Avogado: letrado do Fogasa

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña),

Fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 26/19, por instancia de Lumey García Romero, contra a executada Carlos Alberto Maurelli, sobre reclamación de cantidade, foi ditado o día 8 de abril de 2019 decreto de insolvencia no senso de declarar o executado en situación de insolvencia total, polo importe de 7.398,17 euros de principal máis 920,21 euros en concepto de xuros de demora, máis 831,83 euros que provisoriamente se orzamentann para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria. E de conformidade co art. 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza