Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 30 de abril de 2019 Páx. 21114

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (147/2019).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de María Dolores Blanco Lousame, en procedemento de despedimento rexistrado co número 147/2019, se acordou citar os demandados Innovis Laboratorios, S.L. e Innovis Farma , S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, situado na rúa Berlín, s/n, sala de vistas 3, planta baixa, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 27 de maio de 2019, ás 11.05 e 11.10 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que se intenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que teñen ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado a cédula de citación, a copia da demanda e o decreto da súa admisión, e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lles sirva de citación a Innovis Laboratorios, S.L. e Innovis Farma, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza