Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 29 de abril de 2019 Páx. 20900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de forestación de varias parcelas da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Magdalena, na parroquia da Madanela de Montes, no concello de Forcarei (clave 2018/0211).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 9 de abril de 2019 do proxecto de forestación de varias parcelas da CMVMC de Magdalena, na parroquia da Madanela de Montes, no concello de Forcarei (Pontevedra), promovido pola CMVMC de Magdalena.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático