Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 29 de abril de 2019 Páx. 20901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a Resolución do 9 de abril de 2019 pola que se formula o informe de impacto ambiental do cambio de uso de forestal a agrícola da parcela 736 do polígono 516 do concello de Arzúa (clave 2018/0023).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (artigo 47, número 3), faise público o informe de impacto ambiental do 9 de abril de 2019 relativo ao cambio de uso de forestal a agrícola dunha parcela nas parroquias de Rendal e Viladavil, no concello de Arzúa (A Coruña), promovido por José Ramón Taboada Carreira.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático