Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 29 de abril de 2019 Páx. 20836

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2019, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS306B).

A Consellería de Política Social convocou para o ano 2019, a través da Orde do 28 de decembro de 2018 (DOG núm. 24, do 4 de febreiro), as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove.

O artigo 8 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 9 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 12 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá á entidade ou grupo solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, o artigo 11 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades ou grupos solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 54 56 96, 981 54 48 69 e 981 54 48 66.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2019

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude
e as súas respectivas federacións

Nº exp.

Solicitante

NIF da entidade ou DNI/NIE do representante

Documentación requirida

2019/8-0

Sindicato Nacional de CCOO Galicia

G15103112

1. Certificado asinado polo/a secretario/a coa composición do órgano de dirección, co nome completo, NIF e cargo de cada persoa membro.
2. Se a persoa asinante da solicitude non é o/a presidente/a da entidade, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito.

2019/12-0

Asociación Xuvenil Galiza Nova

G15221252

1. Certificado asinado polo/a secretario/a coa composición do órgano de dirección, co nome completo, NIF e cargo de cada persoa membro.

2. Se a persoa asinante da solicitude non é o/a presidente/a da entidade, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito.

2019/19-0

Federación EFA Galicia

G15299357

1. Acreditación da representación da persoa asinante da solicitude, por calquera medio válido en dereito.

2019/26-0

Asociación Debate Universitario Retórica

G94155157

1. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2019/28-0

Asociación Belmar

G36044824

1. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2019/32-0

Nfoca8 Agrupación Fotográfica Betanzos

G70554142

1. Certificado asinado polo/a secretario/a coa composición do órgano de dirección, co nome completo, NIF e cargo de cada persoa membro.

2. Se a persoa asinante da solicitude non é o/a presidente/a da entidade, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito.

2019/37-0

Sociedade Xuvenil Galega de Química

G70515036

1. Acreditación da representación da persoa asinante da solicitude, por calquera medio válido en dereito.

2019/41-0

Asociación Feitizo

G70550710

1. Acreditación da representación da persoa asinante da solicitude, por calquera medio válido en dereito.

2019/48-0

Cruz Vermella Xuventude

Q2866001G

1. Certificado asinado polo/a secretario/a coa composición do órgano de dirección, co nome completo, NIF e cargo de cada membro.

2. Se a persoa asinante da solicitude non é o/a presidente/a da entidade, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito.

3. Certificación de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

2019/49-0

Asociación Periodística, Estudios y Comunicación (Pestudio)

G70448345

1. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2019/53-0

Unión da Mocidade Galega

G36035756

1. Certificado asinado polo/a secretario/a coa composición do órgano de dirección, co nome completo, NIF e cargo de cada persoa membro.

2. Se a persoa asinante da solicitude non é o/a presidente/a da entidade, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito.

2019/56-0

Clube Xóvenes Agricultores

G70149331

1. Certificado asinado polo/a secretario/a coa composición do órgano de dirección, co nome completo, NIF e cargo de cada persoa membro.

2. Se a persoa asinante da solicitude non é o/a presidente/a da entidade, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito.

2019/65-0

Asociación Cultural A Pinguela de Bama

G70537337

1. Poder de representación do asinante da solicitude.

2. Se a persoa asinante da solicitude non é o/a presidente/a da entidade, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito.

2019/81-0

Valoresc Innovation

G70377585

1. Certificado asinado polo/a secretario/a coa composición do órgano de dirección, co nome completo, NIF e cargo de cada persoa membro.

2. Se a persoa asinante da solicitude non é o/a presidente/a da entidade, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito.

2019/87-0

Asociación Aspas

G15031537

1. NIF da entidade solicitante.

2. DNI da persoa representante.

3.Certificacións de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

2019/118-0

AEGEE Vigo

G86516317

1. NIF da entidade solicitante.

2.Certificado asinado polo/a secretario/a coa composición do órgano de dirección, co nome completo, NIF e cargo de cada membro.

3. Se a persoa asinante da solicitude non é o/a presidente/a da entidade, deberá acreditar a representación por calquera medio válido en dereito.

Grupos informais de mozas e mozos

Nº exp.

Solicitante

DNI/NIE do representante

Nome do representante

Documentación requirida

2019/16-0

Seshat

***9358**

Patricia Torreira Iglesias

1. Anexo II. Un anexo por cada persoa membro do grupo informal excepto a persoa representante.

2019/17-0

SOS Abellas

***5411**

Pablo Rodríguez Jiménez

1. Anexo II. Un anexo por cada persoa membro do grupo informal excepto a persoa representante.

2. DNI das persoas membros do grupo informal.

3. Certificado de empadroamento das persoas membros do grupo informal.

4. Certificacións de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia de cada persoa membro do grupo.

2019/18-0

Anduriña

***9185**

Estela Martínez Rodríguez

1. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2019/27-0

Bosques con vida

***9479**

Ángel Enrique López Pérez

1. Certificado de empadroamento da persoa membro do grupo Miguel Leiros Nieves, co DNI ***4879**, que acredite a súa residencia na data de presentación da solicitude.

2019/33-0

Desmente

***7786**

Borja Fariñas Iglesias

1. Anexo II. Un anexo por cada persoa membro do grupo informal excepto a persoa representante.

2019/50-0

Aspigal

***7709**

Aaron Pereira Álvarez

1. Certificado de empadroamento das persoas membros do grupo María Alexandra López Domínguez, co DNI ***8094**, e Verónica Martínez Fernández, co DNI ***8330**, que acrediten a súa residencia na data de presentación da solicitude.

2019/51-0

Grupo Informal Implícate

***9362**

Andrea Piñeiro Puente

1. Anexo II. Un anexo por cada persoa membro do grupo informal excepto a persoa representante.

2019/66-0

Grupo Informal Orixes

***6046**

Elena Calvelo Hermida

1. Anexo II. Un anexo por cada persoa membro do grupo informal excepto a persoa representante.

2019/71-0

Grupo Informal West Coast Swing Galicia

***8100**

María Cristina Marino Villadamigo

1. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2019/80-0

Maruxa

***4375**

Carolina Pérez Santos

1. Anexo II. Un anexo por cada persoa membro do grupo informal excepto a persoa representante.

2019/84-0

Sharingalicia

***7366**

Juan Carlos Suárez Estrada

1. Certificado de empadroamento da persoa membro do grupo María Teresa de Rosa, co NIE ****1845*, que acredite a súa residencia na data de presentación da solicitude.

2019/86-0

Deva

***7227**

Martín Rivas Vázquez

1. Certificado de empadroamento da persoa membro do grupo Celtia Rodríguez González, co DNI ***2723**, que acredite a súa residencia na data de presentación da solicitude.

2019/89-0

Dezactiva

***9202**

Yolanda Castro Reboredo

1. Anexo I cuberto correctamente.

2. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2019/91-0

Asociación Garabatos

***5958**

Constanza Garabatos Funes

1. Certificado de empadroamento da persoa membro do grupo Laura Robledo Sánchez, co DNI ***1235**, que acredite a súa residencia na data de presentación da solicitude.

2019/93-0

Iniciativa Xuvenil pola Innovación na Ciencia (IXIC)

***1639**

Ignacio Delgado Ferreiro

1. Certificado de empadroamento da persoa membro do grupo Miguel Carballa Fernández, co DNI ***0197**, que acredite a súa residencia na data de presentación da solicitude.

2019/94-0

Trilobites

***9003**

Claudia Esperanza Corredoira López

1. Certificado de empadroamento da persoa membro do grupo Sara López Campoamor, co DNI ***7174**, que acredite a súa residencia na data de presentación da solicitude.

2019/96-0

As Teimudas

***8871**

Sofía Arangüena López

1. Anexo II. Un anexo por cada persoa membro do grupo informal excepto a persoa representante.

2. DNI, certificado de empadroamento que acredite a súa residencia na data de presentación da solicitude, certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia da persoa membro Raquel Meizoso Amarelo, co DNI ***3188**.

2019/99-0

Creando Educación Social

***9584**

Lucía Fernández Coutado

1. Certificado de empadroamento que acredite a súa residencia na data de presentación da solicitude, certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia da persoa membro do grupo Sara Ramallo Painceiro, co DNI ***5322**.

2019/102-0

Grupo Informal Gaitas do Baño

***8983**

Silvia Calviño Vázquez

1. Anexo II. Un anexo por cada persoa membro do grupo informal excepto a persoa representante.

2019/104-0

Entre Animador@s

***9244**

Paula Pumares Pérez

1. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2019/107-0

Grupo Informal Os Pequenos na Gandeiría

***5839**

Júnior Ramas Suárez

1. Anexo II. Un anexo por cada persoa membro do grupo informal excepto a persoa representante.

2019/112-0

Salvaxes.co

***1209**

Manuel Chapela Poceiro

1. Anexo I cuberto correctamente.

2. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

2019/123-0

Innova Rural

***4143**

Diego Antonio Rodríguez López López

1. Anexo II da persoa membro do grupo Lautaro Grandío Laureano, con DNI ***4145**.

2019/124-0

Donsel

***1939**

Santiago de Azcárraga Lozano

1. Anexo I cuberto correctamente.

2. Orzamento do proxecto seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.