Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20575

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 742/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 742/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antía Reino de la Campa contra Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Ímpetu, S.L., Central Gym Santiago, Bruno I. Macías Bahamonde e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a Sentenza co número 167/2019, do 29 de marzo de 2019, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, estes autos número 742/2018, sobre despedimento, seguidos por instancia de Antía Reino de la Campa, asistida pola graduada social Sra. Mallo Nieves, contra Gimnasio Ímpetu, S.L., representada por Martín Villamil Enríquez; contra Martín Villamil Enríquez, asistido polo letrado Sr. González-Abraldes Iglesias; contra Central Gym Santiago, que non compareceu ao xuízo oral; contra Bruno I. Macías Bahamonde, que non compareceu ao xuízo oral, e contra o Fondo de Garantía Salarial, que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito esta sentenza con base no seguinte:

Resolvo:

Antía Reino de la Campa considérase desistida da acción e petición contidas na demanda de despedimento que deu orixe a este procedemento, relativa á declaración de nulidade do despedimento por vulneración de dereitos fundamentais.

Estimo parcialmente a demanda interposta por Antía Reino de la Campa contra Gimnasio Ímpetu, S.L., Martín Villamil Enríquez e Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Que debo declarar e declaro a nulidade do despedimento da demandante efectuado por Gimnasio Ímpetu, S.L. con data de efectos do 11 de setembro de 2018, e debo condenar e condeno os demandados, de modo solidario, a se ateren á dita declaración.

2. Debo condenar e condeno a Martín Villamil Enríquez a readmitir inmediatamente a traballadora demandante no seu posto de traballo nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento, e debo condenar e condeno solidariamente a Gimnasio Ímpetu, S.L. e Martín Villamil Enríquez a aboarlle á demandante os salarios deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento ata a efectiva readmisión, a razón de 38,18 euros brutos diarios, e isto sen prexuízo do reintegro da indemnización de despedimento obxectivo por parte da traballadora, no caso de tela percibido.

3. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Gimnasio Ímpetu, S.L., Central Gym Santiago e Bruno I. Macías Bahamonde, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza