Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20370

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 9 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2019/20 nun centro de Galicia con ensinanzas sostidas con fondos públicos (código de procedemento ED333A).

BDNS (Identif.): 450635.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán concorrer a esta convocatoria os/as cidadáns/ás galegos/as residentes no exterior e que cumpran os requisitos contemplados no artigo 3 da devandita orde.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases e convocar o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cen (100) bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar un ciclo de grao superior de formación profesional sostido con fondos públicos nun centro da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 9 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan cen bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior que se inicien no curso académico 2019/20 nun centro de Galicia con ensinanzas sostidas con fondos públicos (código de procedemento ED333A).

Cuarto. Importe

Destinarase, con cargo á aplicación orzamentaria 10.20.422M.480.1, un total dun millón de euros a estas axudas para cen (100) bolsas, cunha contía de 10.000 euros cada unha. A dotación total da bolsa por ano é a seguinte:

a) 300.000 euros no ano 2019.

b) 500.000 euros no ano 2020.

c) 200.000 euros no ano 2021.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar solicitudes será de 45 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará ás 23.59 horas (hora peninsular española) do día en que finalice o dito cómputo.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional