Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20437

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2019 pola que se dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, punto b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.

No Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 102, do 30 de maio), na súa disposición adicional cuarta regúlase que a Axencia Galega da Calidade Alimentaria asumirá, desde a súa constitución, as funcións e competencias atribuídas, en materia de formación, innovación e investigación e en materia de innovación tecnolóxica, á Dirección Xeral de Ordenación Forestal.

Mediante a Resolución do 30 de agosto de 2018 (DOG núm. 117, do 17 de setembro), que dá publicidade ao acordo do Consello Reitor da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adoptado o día 29 de agosto de 2018, polo que se declara formalmente constituído o Consello Reitor da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e segundo o disposto no artigo 17.1 da Orde do 26 de decembro de 2017, o órgano competente para ditar a resolución de concesión destas axudas é o conselleiro do Medio Rural. En virtude da disposición transitoria quinta do Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, os expedientes iniciados polos órganos que se adscriben á Axencia, e non resoltos antes da súa posta en funcionamento, resolveraos o órgano competente da axencia pública autonómica Axencia Galega da Calidade Alimentaria, de acordo coa atribución de competencias establecidas polos estatutos.

Na súa virtude, a Dirección da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLVE:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2019

Manuel Rodríguez Vázquez
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Convocatoria:

Orde do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

Programa e crédito orzamentario:

Esta orde financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.561A.770.0, por un valor total de 1.196.640 euros, distribuídos nas seguintes anualidades: 145.000 euros en 2018, 600.820 euros en 2019 e 450.820 euros no 2020. Financiarase integramente co cargo ao Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao 75 %, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22,5 % e con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, nun 2,5 %.

Finalidade:

Apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal.

Beneficiarios, proxectos e contías:

Núm. expte

Título

Beneficiarios

CIF

Axuda
concedida 2018

Axuda concedida 2019

Axuda concedida 2020

Axuda total

Feader 2018/001A

Identificación e optimización de novas fontes de proteína vexetal para a alimentación de polos de curral ecolóxicos

Cooperativas Ourensanas, S.C.G.

F32001976

4.577,44 €

42.047,40 €

32.948,64 €

79.573,48 €

Feader 2018/003A

Plarav: produción de plantas aromáticas para a mellora da produción avícola (carne e ovos)

Cooperativas Ourensanas, S.C.G.

F32001976

7.200,20 €

46.400,20 €

26.226,91 €

79.827,31 €

Feader 2018/004A

Estudo de alternativas de alimentación en gando vacún para a mellora do perfil proteico do leite 100 % galego, incrementando a súa aptitude queixeira na produción de queixo autóctono tipo Arzúa-Ulloa

Cooperativas Ourensanas, S.C.G.

F32001976

3.713,60 €

40.067,46 €

34.733,92 €

78.514,98 €

Feader 2018/005A

Creación de produtos biosaudables de V gama con carne autóctona cachena e análise do impacto do manexo no medio rural

Jorge Ánguez Grases

46566429P

9.985,46 €

43.779,20 €

46.235,34 €

100.000,00 €

Feader 2018/008A

Produción propia de materias primas para a alimentación ecolóxica de tenreiros como estratexia de diferenciación

Aggriga Carne, S.C.G.

F70490370

5.884,00 €

47.776,00 €

26.100,00 €

79.760,00 €

Feader 2018/017A

Estratexias de produción de vacún de carne máis eficientes a través da mellora da alimentación, mediambiente e benestar animal

Cooperativas Ourensanas, S.C.G.

F32001976

7.874,00 €

41.790,04 €

30.097,20 €

79.761,24 €

Feader 2018/018A

Novas tecnoloxías de sensorización e de xestión de datos para a detección temperá e a predición de caracois terrestres

Horsal, S.C.G.

F36033132

7.844,06 €

45.832,11 €

53.676,17 €

Feader 2018/023A

Rural 4.0: aditiva 3D

Unión de Empresas, S.A.U.

A15018211

8.655,62 €

39.676,10 €

48.583,24

96.914,96 €

Feader 2018/026A

Aproveitamento de terreos baldíos para granxas avícolas artesanais e comercialización diferenciada

Federación de Razas Autóctonas de Galicia

G32280729

7.972,80 €

38.262,40 €

33.761,60

79.996,80 €

Feader 2018/031A

Revalorización da biomasa forestal residual xerada nos tratamentos silvícolas en masas forestais

Letme Soluciones, S.L.

B27437623

3.519,53 €

96.480,47 €

100.000,00 €

Feader 2018/032A

Deseño de novos produtos de V gama con base en producións hortícolas ecolóxicas adaptadas a novos mercados

Conservas Támega, S.L.

B32354086

5.160,00 €

28.856,00 €

19.064,00

53.080,00 €

Feader 2018/033A

Piloto de adaptación de secadoiros tipo cámara para transformación da castaña e integración industrial

Seistag Innovación, S.L.

B70366372

7.882,56 €

46.496,70 €

24.930,65

79.309,91 €

Feader 2018/038A

Aproveitamento de extractos naturais de plantas industriais e restos agroforestais para bases QU

Proquideza, S.L.

B36354694

5.162,60 €

39.475,01 €

34.933,78

79.571,39 €