Intentada sen éxito a notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona no anexo a resolución relativa ao procedemento de solicitude de suspensión condicional que solicitou no seu día.
Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
O prazo para presentar alegacións será de quince (15) días, que empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. O expediente relacionado a seguir está á disposición da persoa interesada na Consellería do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela. Teléfono 881 99 71 77).
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2019
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
ANEXO
Nº de expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-0347/2017-ORS |
53485134Z |
Audiencia por revogación |
Travesía Igrexa, 12, Portosín, 15999 Porto do Son, A Coruña |