Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 26 de marzo de 2019 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea San Miguel.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea San Miguel e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 22 de febreiro de 2019, Rosa María Carballo Conde e Rafael Blanco Estévez solicitaron autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea San Miguel.

Segundo. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección de Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, no seu artigo 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Rosa María Blanco Carballo (***3000**), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: San Miguel.

Situación:

Cuadrícula nº: 12.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 24.7.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Rosa María Carballo Conde (***2840**), Rafael Blanco Estévez (***5375**) e Rosa María Blanco Carballo (***3000**).

Nova titular: Rosa María Blanco Carballo (***3000**).

A nova titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento da formalización da mellora en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 26 de marzo de 2019

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo