Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Carballo III e Plutón II e das concesións administrativas que as amparan, resulta:
a) Antecedentes:
Primeiro. Mediante escritos do 22 de febreiro de 2019, Rosa María Carballo Conde solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, das concesións administrativas e das bateas Carballo III e Plutón II.
Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.
Terceiro. Os informes do Servizo de Protección de Recursos sobre as características das bateas son favorables.
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, no seu artigo 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa e con forma de pactos de apartación ou de mellora.
Terceira. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Roberto Manuel Blanco Carballo (***8173**), das concesións que se indican a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Carballo III.
Situación:
Cuadrícula nº: 116.
Polígono: B.
Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 19.6.1978.
Remate da vixencia: 15.12.2019.
Tipo: batea.
Nome: Plutón II.
Situación:
Cuadrícula nº: 18.
Polígono: B.
Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 21.6.1972.
Remate da vixencia: 15.12.2019.
Actuais titulares: Rosa María Carballo Conde (***2840**) e Roberto Manuel Blanco Carballo (***8173**).
Novo titular: Roberto Manuel Blanco Carballo (***8173**).
O novo titular das concesións subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores e, en particular, nas obrigas derivadas da axuda percibida en concepto de investimentos no ámbito da acuicultura (expediente PE205C 2017/16-8) por importe de 41.150 euros, baixo o compromiso de non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 56 do Regulamento (CE) nº 1198/2006, desde o momento da formalización da mellora en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 26 de marzo de 2019
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo