Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 4 de abril de 2019 polo que se anuncia a modificación das medidas máximas establecidas para o outorgamento de autorizacións de atracada nos pantaláns para embarcacións menores deportivas do porto de Cambados.

Anúnciase a ampliación das medidas máximas establecidas na convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia número 35, do 20 de febreiro de 2012, para a tramitación das solicitudes de autorizacións de atracada nos pantaláns para embarcacións menores deportivas do porto de Cambados, polo que as medidas máximas para ocupar as prazas con numeración impar correspondentes ao pantalán 3 quedarán establecidas en 7 metros de eslora máxima e 2,50 metros de manga máxima.

Pontevedra, 4 de abril de 2019

José Ignacio Villar García
Director xeral de Portos de Galicia