Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 25 de abril de 2019 Páx. 20292

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da subscrición dun convenio urbanístico no parque empresarial da Laracha.

Nas dependencias municipais do Concello da Laracha asinouse, o 26 de marzo de 2019, o convenio urbanístico entre José Manuel López Varela, na súa calidade de alcalde presidente do Concello da Laracha, e Antonio Abril Abadín, representante da compañía mercantil Industria de Diseño Téxtil, S.A. (Inditex).

De acordo co establecido no artigo 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o texto do convenio sométese a información pública polo período dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG.

O texto íntegro do convenio pódese consultar na páxina web do Concello da Laracha na seguinte ligazón https://www.alaracha.gal/gl/aviso/50/convenio-concello-da-laracha-industria-de-diseno-textil-sa/

A Laracha, 28 de marzo de 2019

José Manuel López Varela
Alcalde