Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 25 de abril de 2019 Páx. 20293

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia

ANUNCIO do 11 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia, polo que se publica a convocatoria de catro cadeiras de académicos de número e tres cadeiras de académicos correspondentes veterinarios e unha de académico correspondente en ciencias afíns.

Os aspirantes deben cumprir os seguintes requisitos:

1º. Ser español, con residencia en Galicia no caso de académicos de número.

2º. Ser licenciado, graduado ou doutor en Veterinaria ou en ciencias afíns.

3º. As solicitudes para académico de número deberán estar avaladas por tres académicos de número.

4º. Os aspirantes a académicos correspondentes deberán contar cunha antigüidade mínima de dez anos no exercicio da profesión.

As solicitudes, dirixidas o presidente da ACVG, irán acompañadas dun curriculum vitae e remitidas ao correo electrónico racvg@racvg.com no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2019

José Ramón Justo Feijóo
Secretario xeral da Academia de Ciencias Veterinarias de Galicia