Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 25 de abril de 2019 Páx. 20235

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 861/2016).

PO. Procedemento ordinario 861/2016

Demandante: Álvaro González Vallina

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: Mercalar Servicios, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 861/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro González Vallina contra Mercalar Servicios, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución.

Resolvo:

Estímase a demanda interposta pola parte demandante contra a empresa Mercalar Servicios, S.L. e condénase a demandada a aboarlle a cantidade de 13.952,15 euros máis o xuro de demora do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores. Non se fai imposición de custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación en cinco (5) días desde a notificación desta sentenza.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Mercalar Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza