Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 25 de abril de 2019 Páx. 20240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos 4238/2017 e 4239/2017 interpostos contra a Orde do 22 de novembro de 2016 de aprobación definitiva das áreas do Plan xeral de ordenación municipal de Moaña, deixadas en suspenso.

Na Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estanse tramitando os recursos contencioso-administrativos 4238/2017 e 4239/2017 interpostos contra a Orde do 22 de novembro de 2016 de aprobación definitiva das áreas do Plan xeral de ordenación municipal de Moaña, deixadas en suspenso.

Ao respecto faise constar que o expediente xa foi remitido por este centro directivo, á Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o 3 de xullo de 2017.

O que se notifica, na súa condición de interesado, en cumprimento do disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, para que, se é o caso, poida comparecer e constituírse como parte nos autos ante o órgano xudicial no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2019

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo