Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 25 de abril de 2019 Páx. 20278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 8 de abril de 2019 pola que se notifica o trámite de audiencia previo á resolución de reintegro da subvención correspondente ao expediente do proxecto IN525A-2014/016, cuxa notificación por oficio foi devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentar sen éxito a notificación do trámite de audiencia previo á resolución de reintegro da subvención correspondente ao expediente do proxecto IN525A-2014/016 no último domicilio social coñecido da entidade Tabiclick, S. L., notifícase por medio da presente cédula no Boletín Oficial del Estado aos interesados o contido do dito acto como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Antes de ditar a citada resolución de reintegro da subvención e de acordo co establecido no artigo 82.2 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, concédeselle ao beneficiario da subvención un prazo de 10 días hábiles para alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes. Se antes do vencemento do prazo os interesados manifestan a súa decisión de non efectuar alegacións nin achegar novos documentos ou xustificacións terase por realizado o trámite.

Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse nas dependencias da Axencia Galega de Innovación, sita na rúa Airas Nunes, s/n, 15702 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2019

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Proxecto: IN525A-2014/016.

Nome ou razón social: Tabiclick, S.L.

CIF/NIF: B70338504.

Axuda: Resolución do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofnanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN525A).

Contido do acto administrativo: trámite de audiencia previo á resolución de reintegro de subvención.