Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 24 de abril de 2019 Páx. 19823

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

DECRETO 41/2019, do 4 de abril, polo que se dispón o nomeamento dun vogal da Comisión Galega da Competencia.

En virtude do establecido nos artigos 28 e 31 do Decreto 108/2016, do 4 de agosto, polo que se crea o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e se aproban os seus estatutos, por proposta do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día catro de abril de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear a Daniel Neira Barral vogal da Comisión Galega da Competencia.

Santiago de Compostela, catro de abril de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria