Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 24 de abril de 2019 Páx. 19989

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 59/2019).

Execución de títulos xudiciais (ETJ) 59/2019

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 443/2016

Sobre: ordinario

Demandante: Plácido Rodríguez Tomé

Avogada: Delfina Pariente Pouso

Demandados: Talleres Maneiro, S.L., Fogasa

Avogados: (…), letrado de Fogasa

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 59/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Plácido Rodríguez Tomé contra a empresa Talleres Maneiro, S.L., sobre reclamación de cantidade, pronunciouse auto e decreto en data 1 de abril de 2019, cuxa parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Plácido Rodríguez Tomé, fronte a Talleres Maneiro, S.L., parte executada, por importe de 2.075,58 euros en concepto de principal, máis outros 207,55 euros que se fixan provisionalmente en concepto de intereses que, no seu caso, poidan devengarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que pronunciará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente a la parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e acorde dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LJS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que alén de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que houberen acaecido con posterioridade á constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco de Santander, conta número 5076 0000 64 0059 19. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse en cóntaa número 000493569920005001274 e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0059 19”. Se efectuare diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta, clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a maxistrada xuíza. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo: acumular a presente execución número 59/2019 á seguida nesta oficina xudicial co número 57/2019.

Lévese testemuño do presente á execución de razón e o orixinal ao libro correspondente de decretos.

Notifíqueselle ás partes.

Modo de impugnación. Mediante recurso de revisión a interpoñer ante quen pronuncia esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén a mesma, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

Así o acordo e asino.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Talleres Maneiro, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza