Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 23 de abril de 2019 Páx. 19747

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefatura do Servizo de Psiquiatría.

Mediante a Resolución do 23 xaneiro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 39, do 24 de febreiro), convocouse a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dun posto de xefatura do Servizo de Psiquiatría na Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

Interposto o recurso contencioso-administrativo contra a resolución pola cal se elevan a definitivas as puntuacións asignadas aos aspirantes admitidos no dito procedemento, a Sentenza 235/2016 do PA 248/2013, do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, confirmada pola Sentenza do 25 de outubro de 2017, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ordena retrotraer as actuacións do procedemento á designación da comisión de avaliación.

Esta xerencia, en cumprimento da execución da dita sentenza, iniciou novamente o procedemento na fase indicada e, con data do 22 de febreiro de 2019, publicou a súa Resolución do 19 de febreiro de 2019 coa relación provisional das puntuacións outorgadas aos aspirantes, abrindo un prazo de quince días hábiles para presentar reclamacións.

Dado que non se presentou ningunha reclamación no prazo establecido, e de conformidade coa proposta elevada pola comisión de avaliación, esta xerencia, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo) e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG núm. 188, de 30 de setembro), modificada pola Orde de 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle o posto de xefatura do Servizo de Psiquiatría da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés a Víctor Pedreira Crespo.

Tendo en conta o carácter extraordinario deste novo procedemento, derivado dunha resolución xudicial, mediante esta resolución enténdese implícita a toma de posesión do posto polo adxudicatario con efectos do 25 de outubro de 2012, data do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución da convocatoria impugnada, ata o 20 de xaneiro de 2015, data en que o adxudicatario deste posto deixou de estar en activo no Sistema nacional de saúde.

Segundo. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 25 de marzo de 2019

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés