Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19339

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 3 de abril de 2019 pola que se modifica a autorización do centro privado Aula Nosa, da Coruña.

A titularidade do centro privado Aula Nosa, da Coruña, solicita a supresión do ciclo formativo de grao superior (CS) Administración de sistemas informáticos en rede e autorización para impartir o CS Desenvolvemento de aplicacións web.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorizar a implantación do CS Desenvolvemento de aplicacións web, e a supresión do CS Administración de sistemas informáticos en rede, con efectos do 31 de agosto de 2019, quedando o centro configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Aula Nosa.

Código do centro: 15032431.

Domicilio: rúa Mosteiro de Caaveiro, 1 baixo.

Localidade: 15010 A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Centro de Ensino Vagalume, S.L.

Composición resultante:

a) Ciclos de formación profesional básica:

• Informática de oficina (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• Servizos administrativos (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

b) Ciclos formativos de grao medio (CM) e de grao superior (CS):

• CM Sistemas microinformáticos e redes ( 2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

c) Educación básica para persoas adultas:

• Ensinanzas básicas iniciais.

• Educación secundaria para persoas adultas.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional