Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura e Turismo

ANUNCIO do 29 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Políticas Culturais, derivado do procedemento CT221C/2016, expediente 83, en relación coa Orde do 5 de febreiro de 2016 das axudas para o libro galego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, notifícase que a Dirección Xeral de Políticas Culturais ditou o acto administrativo que a continuación se sinala:

Deriva Ediciones, NIF 506357449, procedemento CT221C/2016, expediente número 83, acto administrativo: acordo de iniciación de expediente de reintegro de subvención do 10 de decembro de 2018.

Para os efectos do previsto no artigo 82.1 da Lei 39/2015, de acordo co establecido no artigo 82.2 da dita lei, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente acto, a editorial poderá alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

A editorial ou o seu representante poderá solicitar, acreditando a súa identidade, unha copia do dito acto administrativo, comparecendo de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo do Libro e Publicacións sito na Cidade de Cultura (Biblioteca de Galicia), Monte Gaiás, en Santiago de Compostela, teléfono de contacto 981 54 58 04, no prazo máximo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio. Se transcorrido o dito prazo non comparece, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2019

Anxo Manuel Lorenzo Suárez
Director xeral de Políticas Culturais