Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 27 de marzo de 2019 pola que se modifica a titularidade da concesión administrativa e da batea A.F.R. I, situada na cuadrícula número 43 do polígono A do distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante Orde do 30 de maio de 1975 outorgouse a concesión administrativa sobre a batea A.F.R. I, situada inicialmente na cuadrícula número 153 do polígono B de Vilagarcía de Arousa, a Juan Ordóñez Comojo. Por erro, na Resolución do 16 de maio de 2005 da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos pola que se outorga prórroga da concesión administrativa do viveiro denominado A.F.R. I figura como cotitular Josefa Fuentes Torres, con quen Juan Ordóñez Comojo contraera matrimonio en segundas nupcias, tras o falecemento en 1976 da súa primeira esposa Dolores Lorenzo Iglesias.

Segundo. Mediante Orde do 25 de outubro de 2005 autorizouse a transmisión da concesión administrativa e da batea A.F.R. I a favor de Mª Josefa Ordóñez Fuentes e Estefanía Ordóñez Fuentes, a cal se formalizou esta en escritura pública o 13 de febreiro de 2006.

Terceiro. O 28 de outubro de 2013, mediante Sentenza número 299/13, o Xulgado do Penal número 1 de Santiago de Compostela declarou a nulidade da devandita transmisión.

Cuarto. Unha vez dado cumprimento ao acordado polo xulgado, no proceso de reversión da titularidade do viveiro a favor dos anteriores titulares, produciuse un erro, pois se incluíu como cotitular a Josefa Fuentes Torres, actual esposa de Juan Ordóñez Comojo, a cal, como se indica na citada sentenza, carece de dereito sobre a concesión e batea, ao tratarse dun ben ganancial.

Quinto. O 16 de xaneiro de 2015, o contador partidor José Manuel Babío Arcay presentou ante o Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Padrón o caderno particional da herdanza do cal resulta que os herdeiros de Dolores Lorenzo Iglesias dispoñen dun dereito de crédito contra Juan Ordóñez Comojo, quen debe figurar como único titular da concesión administrativa e da batea A.F.R. I, xa que, en virtude das sentenzas que constan no expediente, Josefa Fuentes Torres carece de dereito sobre a concesión.

Sexto. O 27 de febreiro de 2019 emitiuse proposta de modificación de titularidade da concesión administrativa e da batea A.F.R. I como consecuencia da sentenza firme ditada o 28 de outubro de 2013 polo Xulgado do Penal número 1 de Santiago de Compostela no procedemento abreviado 238/2013 que declara a nulidade da transmisión da explotación do viveiro efectuada o 13 de febreiro de 2006. Transcorrido o prazo establecido para os efectos, constátase que non se formularon alegacións á proposta.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

A modificación da titularidade da concesión administrativa e da batea A.F.R. I, situada actualmente na cuadrícula número 43 do polígono A do distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, quedando como único titular desta Juan Ordóñez Comojo (****1467).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 27 de marzo de 2019

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo