Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19164

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 17 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento SI431A).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 17 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro de 2019); que se indican no anexo, cun importe total de 449.997,65 euros, con cargo á aplicación 05.11.313D.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2019.

Esta convocatoria está financiada no 80 % con fondos do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9: promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, prioridade de investimento 9.3: loita contra toda forma de discriminación e promoción da igualdade de oportunidades, obxectivo específico 9.3.1: aumentar a integración sociolaboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, evitando á súa vez a discriminación múltiple.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2019

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Nº expediente

Entidade solicitante

NIF

Total concedido

SI431A 2019/1

Cáritas Diocesana de Ourense

R3200098F

20.557,73 €

SI431A 2019/3

Ecos do Sur

G15354483

50.307,94 €

SI431A 2019/4

Aliad-Ultreia

G27021120

59.270,60 €

SI431A 2019/5

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

70.000,00 €

SI431A 2019/6

Médicos do Mundo

G79408852

46.743,34 €

SI431A 2019/7

Fundación de Solidariedade Amaranta

G84913946

38.127,90 €

SI431A 2019/8

Cruz Vermella Española

Q2866001G

47.032,58 €

SI431A 2019/9

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

58.978,78 €

SI431A 2019/10

Hermanas Oblatas del Santísimo Redentor-Ferrol

R1500092J

58.978,78 €

Total

449.997,65 €