Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 2019 Páx. 19060

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 57/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 57/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nieves Pérez Insua contra Silvia Lorena Guiarratan, Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González

Santiago de Compostela, vinte e cinco de marzo de dous mil dezanove

Parte dispositiva

Dispoño:

– Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Nieves Pérez Insua fronte a Silvia Lorena Guiarratan, Fogasa, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para a vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza».

«Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, vinte e cinco de marzo de dous mil dezanove

Tras presentar a traballadora Nieves Pérez Insua a exixencia do cumprimento por parte da empresaria Silvia Lorena Guiarratan da obriga de readmisión, e despachándose auto de execución con data do 25 de marzo de 2019, de conformidade ao artigo 280 da LXS, acordo:

– Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 29.5.2019, ás 12.15 horas, para a realización da comparecencia na Sala de Audiencias número 3 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolle saber que debe asistir cos medios de proba de que intente valerse.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente terase por desistido na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante realizarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación da executada Silvia Lorena Guiarratan por medio de edictos, tendo en conta de que se encontra en ignorado paradoiro.

– Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes que comparecen.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante quen dita esta resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Silvia Lorena Guiarratan, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza