Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 2019 Páx. 19052

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1102/2016).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1102/2016 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Viriato, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza

A Coruña, 27 de febreiro de 2019

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 1102/2016, en que son parte, dunha banda, como demandante, María Luisa Pena Martínez, representada pola letrada Mar García Pombo, e, como demandados, Viriato, S.A., que non comparece; administrador concursal de Viriato, S.A., na persoa de Ramón Gento Castro, contra o cal se ampliou a demanda en acto de conciliación previo, e Fogasa, que non comparece, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito

Primeiro. A parte demandante presentou a demanda que por quenda lle correspondeu ao Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Unha vez admitida a trámite a dita demanda, sinalouse a realización do acto do xuízo e este tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na acta redactada para o efecto e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación destes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolvo que, estimando a demanda interposta pola demandante María Luisa Pena Martínez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Viriato, S.A., en situación de concurso, a que lle aboe á demandante a cantidade de 873,01 euros polos conceptos reclamados en demanda máis o 10 % de xuro por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando.

Publicación. Expídoa eu, letrada da Administración de xustiza, para facer constar que na mesma data da sentenza se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Viriato, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza