Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 2019 Páx. 19067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 1 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade das resolucións polas cales se extinguen as autorizacións ambientais integradas con números de rexistro 2006/0412_NAA/IPPC_093, 2006/0399_NAA/IPPC_058, 2008/0065_NAA/IPPC_207 e 2013-IPPC-57-266.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: granxa de galiñas poñedoras en Pico Sacro, lugar de Milleirós-A Gaiosa

Trámite: extinción da autorización ambiental

integrada

Titular: José Mejuto Porral

Expediente: 2006/0412

Localización: concello de Boqueixón (A Coruña)

Data: 17.1.2018

Instalación: explotación porcina de ceba

Trámite: extinción da autorización ambiental

integrada

Titular: Diego Mosquera Salgado

Expediente: 2006/0399

Localización: concello de Guntín (Lugo)

Data: 22.1.2019

Instalación: explotación porcina en Vilar de Lebres

Trámite: extinción da autorización ambiental

integrada

Titular: A Plaza Santos, Silva & Rodríguez, C.B.

Expediente: 2008/0065

Localización: concello de Trasmiras (Ourense)

Data: 1.2.2019

Proxecto: ampliación de explotación porcina de ceba, destinada a albergar 720 porcas nai en ciclo pechado no lugar de San Cibrao (Santa Mariña de Veascós)

Trámite: extinción da autorización ambiental

integrada

Titular: Cooperativa Veiga de Antela, S.C.G.

Expediente: 2013-IPPC-I-57

Localización: concello de Carballedo (Lugo)

Data: 6.2.2019

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático