Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 2019 Páx. 19065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade das resolucións polas cales se extinguen as seguintes autorizacións ambientais integradas.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: granxa de porcos de ceba no lugar de Barrio-Meavía con capacidade para 5.040 prazas

Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada

Titular: Excorrigal, S.L.

Expediente: 2003/0263_AIA/IPPC_024

Localización: concello de Forcarei (Pontevedra)

Data: 7.2.2019

Instalación: granxa de porcos de ceba

Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada

Titular: Francisco Javier Orjales García

Expediente: 2005/0486_ AIA/IPPC_098

Localización: Senra-Barrán, concello de Piñor (Ourense)

Data: 7.2.2019

Instalación: granxa de polos de ceba

Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada

Titular: Moisés Araújo Durán

Expediente: 2009/0155_IPPC_245

Localización: lugar de Pedroso, parroquia de Liñares (Santa María), concello das Neves (Pontevedra)

Data: 7.2.2019

Instalación: granxa de galiñas poñedoras en recría

Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada

Titular: Juan Conde y Esposa, S.C.

Expediente: 2007/0041_NAA/IPPC_205

Localización: Fonte Larelle, concello de Toén (Ourense)

Data: 8.2.2019

Instalación: granxa de porcos de ceba

Procedemento: extinción da autorización ambiental integrada

Titular: Porcycar García e Hijos, S.L.

Expediente: 2010/1000_NAA/IPPC_234

Localización: Vilanova-Monteagudo, concello de Arteixo (A Coruña)

Data: 7.2.2019

Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático