Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 1 de abril de 2019, da Dirección de Competitividade, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición interposto contra a resolución ditada no expediente sancionador de Ourense OU-S-064/17 por infracción grave en materia de turismo (TUSAN1 2017/064-3).

Pola presente cédula, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícase a David Formoso Ramos, con enderezo no lugar de Casmartiño, nº 7, do Pereiro de Aguiar (Ourense), a resolución da directora de Turismo de Galicia do recurso de reposición interposto contra a resolución do procedemento sancionador en materia de turismo pola comisión dunha infracción administrativa grave tipificada na Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia (DOG núm. 216, do 11 de novembro) e que, intentada polos medios habituais, non se puido levar a efecto.

O interesado poderá examinar o seu expediente e recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias da Axencia Turismo de Galicia, situada na estrada de Santiago-Noia, km 3, A Barcia, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: TUSAN1 2017/064-3.

Precepto infrinxido: artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Resolución recurso de reposición: desestimado.

Data da resolución: 11 de febreiro de 2019.

Sanción de multa: 2.500,00 euros.

Comunícaselle que as resolucións dos recursos de reposición poñen fin á vía administrativa e son por tanto, executivas, polo que deberá aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias da Axencia de Turismo. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2019

José Luis Maestro Castiñeiras
Director de Competitividade