Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18851

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 1 de abril de 2019 pola que se notifica proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador coa referencia 13-42-18-02.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao denunciado, cos datos que no anexo se indican, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador que se cita, por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Para os efectos do disposto no artigo 89 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a posta de manifesto dos documentos que obran no procedemento, nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia sitos no edificio de Área Central, praza de Europa, 5 A, 6º, Santiago de Compostela, das 9.00 as 14.00 horas, co fin de que poida obter copia dos que considere convenientes, concedéndolle así mesmo un prazo de 15 días, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente acordo, para que formule alegacións e presente os documentos e informacións que considere pertinentes ante o instrutor.

De recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.

Poderá procederse ao pagamento voluntario da multa cunha redución do 20 por cento sobre o importe da sanción proposta mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2019

Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor xefe da División Xurídica de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Denunciante

DNI/CIF

Denunciado

Feito denunciado

Data- hora- porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-42-18-02

Seprona

(Garda Civil)

B-15969785

Actividade non autorizada.

21.9.2018

12.50 horas

O Xufre, Illa de Arousa (Pontevedra)

Artigo 131.m), o) e p) da LPG), en relación co 78.27 do Regulamento de servizo, policía e réxime dos portos, aprobado por Orde ministerial do 12 de xuño de 1976

Artigo 137 da LPG

600 €