Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 18 de marzo de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación da Veiga e Campo de Sas a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Sas de Penelas (San Fiz), no concello de Castro Caldelas (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 7 de novembro de 2018, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación da Veiga e Campo de Sas a favor dos veciños da CMVMC da parroquia de Sas de Penelas (San Fiz), no concello de Castro Caldelas (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 7 de abril de 2015 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ricardo Gómez Baldonedo, en que solicita a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Ampliación da Veiga e Campo de Sas.

Segundo. Con data do 21 de febreiro de 2018, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abriuse un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Ampliación da Veiga e Campo de Sas.

Superficie: 1,38 ha.

Pertenza: CMVMC da parroquia de Sas de Penelas (San Fiz).

Concello: Castro Caldelas.

Descrición das parcelas que constitúen o monte:

Predio nº 1: O Campo (porción ao norte do camiño catastrado como parcela 9002, polígono 32).

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Sup. catastral

Sup. en clasificación

Castro Caldelas

32

1

5.863 m2

5.863 m2

Estremas:

a) Perímetro exterior:

Norte:

Concello

Polígono

Parcelas

Castro Caldelas

32

2-5-6-7-495

Leste:

Concello

Polígono

Parcela

Observacións

Castro Caldelas

32

9002

Camiño

Sur:

Concello

Polígono

Parcelas

Castro Caldelas

32

113-114

Oeste:

Concello

Polígono

Parcelas

Castro Caldelas

32

114-108

a) Perímetro interior (encravados):

Non existen.

Predio nº 2: O Campo (porción ao sur do camiño catastrado como parcela 9002, polígono 32).

Identifícase este terreo como unha porción da actual parcela catastral 9002 do polígono 32, do concello de Castro Caldelas.

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Sup. catastral

Sup. en clasificación

Castro Caldelas

32

9002

2.971 m2

439 m

Estremas:

a) Perímetro exterior:

Norte e oeste:

Concello

Polígono

Parcela

Observacións

Castro Caldelas

32

9002

Resto do camiño

Leste:

Concello

Polígono

Parcela

Castro Caldelas

32

325

Sur:

Concello

Polígono

Parcelas

Castro Caldelas

32

325-327-328-329-330

a) Perímetro interior (encravados):

Non existen.

Predio nº 3: A Veiga ou O Barreiro (na documentación úsanse as dúas denominacións).

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcela

Sup. catastral

Sup. en clasificación

Castro Caldelas

40

242

7.517 m2

7.517 m2

Estremas:

a) Perímetro exterior:

Norte:

Concello

Polígono

Parcelas

Castro Caldelas

40

6-7-23-21-238-29-37-262-38-39-40-43-42-45-46-52-53-54

Leste e oeste.

Regato.

Sur.

Regato de Sas de Penelas e límite municipal Castro Caldelas-San Xoán de Río.

a) Perímetro interior (encravados):

Non existen.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei “son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños”.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao xurado provincial de clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu Regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Ampliación da Veiga e Campo de Sas a favor dos veciños da CMVMC da parroquia de Sas de Penelas (San Fiz), no concello de Castro Caldelas (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Ourense, 18 de marzo de 2019

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense