En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 22 de marzo de 2019, o cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 2556 (recinto 1) do polígono 23 do termo municipal de Paradela.
O proxecto foi sometido previamente á avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 12 de febreiro de 2019.
Lugo, 27 de marzo de 2019
María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo