Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 22 de marzo de 2019 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 57 (recintos 1 e 3), 65 (recinto 1) e 73 (recintos 2, 3 e 5) do polígono 154 do termo municipal de Friol.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 22 de marzo de 2019, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 57 (recintos 1 e 3), 65 (recinto 1) e 73 (recintos 2, 3 e 5) do polígono 154 do termo municipal de Friol.

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 12 de febreiro de 2019.

Lugo, 27 de marzo de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo