Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 9 de abril de 2019 pola que se notifica a resolución de procedemento para a declaración de abandono dun buque plataforma flotante depositado na explanada de varada do porto de Rianxo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Servimar Innova, S.L., mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a Resolución do 19 de novembro de 2018, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que declara en situación de abandono o buque que se cita, depositado no porto de Rianxo, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese por atoparse o buque plataforma flotante depositado sen actividade nin mantemento ningún na zona de varada do porto de Rianxo, e sen aboar taxas desde hai uns tres anos, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG nº 236, do 14 de decembro), de Portos de Galicia, unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación do procedemento.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011 (DOG nº 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai proceder á venda do buque, e de resultar esta fallida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritación serán por conta costa do propietario.

A presente resolución emítea o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2019

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia