Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que ditou sentenza en data 4 de setembro de 2018 Rosa Lama Marra, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, nos autos de xuízo sobre delitos leves número 135/2018 contra Josefina Cuence Gosende.
Contra a dita resolución cabe recurso de apelación no prazo de cinco días seguintes ao da súa notificación, prazo durante o cal quedarán as actuacións en Secretaría ao dispor das partes.
E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, mediante o presente notifícaselle a Josefina Cuence Gosende, en paradoiro descoñecido e a quen así mesmo se fai saber que poderá ter coñecemento íntegro da mencionada resolución mediante a súa comparecencia no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.
Padrón, 22 de marzo de 2019
A letrada da Administración de xustiza