Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18100

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 50/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 50/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos López García contra Neumáticos Radial, S.L., se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2019

Parte dispositiva

Dispoño despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Juan Carlos López García fronte a Neumáticos Radial, S.L., parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme co solicitado na demanda executiva, pola letrada da Administración de xustiza sinalarase data para vista do incidente.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de orzamentos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza».

«Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2019

Tendo presentado o traballador Juan Carlos López García exixindo o cumprimento polo empresario Neumaticos Radial, S.L., da obrigación de readmisión, e téndose despachado auto de execución da sentenza nº 474/18 de data do 9 de novembro ditada no procedemento DSP 325/18 aclarada por auto de data do 17.12.2018, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que tenten valerse, e fixo o próximo día 15 de maio de 2019 ás 11.45 horas para a celebración da comparecencia na Sala de Audiencias núm. 3 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, terase por desistido da súa solicitude; se non o fixer o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes que compareceron.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Neumáticos Radial, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza