Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18102

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 250/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 250/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Vázquez Otero contra CNES Fragabouzas, S.L., Fogasa, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2019

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar a executada CNES Fragabouzas, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 1.317,44 euros en concepto de principal, máis outros 131,74 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se en diante se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a CNES Fragabouzas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza