Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18095

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón

EDICTO (104/2018).

Eu, Fátima García Castro, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, fago saber que se ditou sentenza, con data do 19 de setembro de 2018 por Rosa Lama Marra, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón, nos autos de xuízo ordinario nº 104/2018 promovidos por Neumáticos Luis, S.L., representado/a polo procurador dos tribunais Óscar Pérez Goris e asistido polo letrado Juan Pardavila Figueiro, contra José Castaño Soñora e Construcciones Castaño, S.L., en situación de rebeldía procesual.

Contra a devandita resolución cabe recurso de apelación que deberá resolver a Audiencia Provincial da Coruña, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. Na interposición do recurso o apelante deberá expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna. Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigos 456.2 e 458 da LAC).

E, de conformidade co disposto no artigo 497.2 da LAC, polo presente notifícase a José Castaño Soñora e Construcciones Castaño, S.L., en paradoiro descoñecido. Así mesmo, fáiselles saber que poderán ter coñecemento íntegro da mencionada resolución no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Padrón.

Padrón, 19 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza