Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18086

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4922/2017).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 4922/2017 desta sección, seguido por instancia de María Jesús Amado Rodríguez contra Fogasa, Izar Construcciones Navales, S.A., María del Carmen Rodríguez Vázquez, José Luis Amado Rodríguez, Yolanda Amado Rodríguez, Santiago González Garay sobre otros derechos Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva.

A Sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Jesús Porta Dovalo, en nome e representación de María Jesús Amado Rodríguez contra a sentenza ditada pola Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 13 de abril de 2018, no recurso de suplicación número 4922/2017, interposto por María Jesús Arriado Rodríguez, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Ferrol de data do 3 de xullo de 2017, aclarada por auto do 5 de setembro de 2017, no procedemento número 588/2016 seguido por instancia de María del Carmen Rodríguez Vázquez, José Luis Amado Rodríguez, Yolanda Amado Rodríguez e María Jesús Amado Rodríguez contra o Fondo de Garantía Salarial, Izar Construcciones Navales, S.A., Santiago González Garay e Indunor, S.A., sobre reclamación de cantidade.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos. Seguen as sinaturas e a publicación».

Para que sirva de notificación en legal forma a Indunor, S.A., e Santiago González Garay, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza