Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción para unha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2018/8639 AT).

Visto o expediente para autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial das Gándaras, rúa Aller Ulloa, Ramón María, nº 9, 27003 Lugo.

Título: LMT, CT e LBT NS 51559 Edificio Calle Campo de Puente 19-21.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

• LMT soterrada con orixe nunha cela de liña do CT existente Danilo (7814), que entra e sae do CT proxectado e remata nunha cela de liña do CT Pravia 40-42 (3263) en condutor novo tipo RHZ1-240 (120 metros) e desprazado en obra RHZ1-95.

• CT en edificio non prefabricado rúa Campo de Puente 19-21, cunha potencia instalada de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

• Liña soterrada de baixa tensión con orixe no cadro de baixa tensión do CT proxectado, cunha lonxitude de 66 metros en conductor tipo RV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, tendo en conta a Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e as competencias que resultan do Decreto 135/2017 do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Lugo, 13 de marzo de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo