Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta en Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 14 de febreiro de 2019
Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE/pasaporte |
Resolución |
PR204A 2018/3527-2 |
46325267R |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2018/3572-2 |
33146869M |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2018/3599-2 |
33550632A |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2018/3802-2 |
20629792B |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2018/3809-2 |
13103033W |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2018/3839-2 |
33992774Q |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2018/3852-2 |
44462402K |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2018/3858-2 |
79338753T |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2018/3922-2 |
X3100128G |
Denegatoria do dereito |
PR204A 2018/3994-2 |
33852388E |
Denegatoria do dereito |