Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 25 de marzo de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 12/2019 contra a Resolución do 14 de novembro de 2018, desestimatoria do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 14 de xuño de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo cal solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 12/2019 contra a Resolución do 14 de novembro de 2018, desestimatoria do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 14 de xuño de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública