Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 22 de marzo de 2019, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no proceso de notificación da adxudicación dunha vivenda en Belvís, no concello de Santiago de Compostela.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase á persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adouptouno a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo na Coruña; rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 22 de marzo de 2019

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

71977

X9784990P

Notificación da adxudicación dunha vivenda de promoción pública en arrendamento, pola cal se concede o prazo de dez (10) días para aceptar a vivenda, de acordo co disposto no artigo 28.2 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas.

Expediente C-2002/010, conta 4.