Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2019 pola que se aproba a apertura dunha convocatoria pública para seleccionar operadores para o outorgamento dunha autorización temporal de ocupación de naves de almacenaxe de mercadorías expedidas por vía marítima no peirao comercial do porto de Ribadeo.

Anúnciase a apertura dunha convocatoria pública para a presentación de solicitudes para o outorgamento dunha autorización temporal de ocupación de naves de almacenaxe de mercadorías expedidas por vía marítima no peirao comercial do porto de Ribadeo, que se rexerá polo prego de bases aprobado para os efectos, o cal se atopa á disposición dos interesados nas oficinas da zona norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, 13-1º, 27002 Lugo, e nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitas na praza Europa, 5-A-6º ou na web www.portosdegalicia.com.

O prazo para a presentación de solicitudes e de vinte (20) días naturais e comezará a contarse o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito nas oficinas mencionadas anteriormente as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2019

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia